XXIV Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica

Hoxe, mércores 17 de maio, celebrouse no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXIV TORNEO CONCELLO DE XOVE DE XIMNASIA RÍTMICA, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia. O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, comezou ás 16:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presencia coa presencia de 10 equipos: as Escolas Municipais de Xove, Vilalba e Castro, o C. Porta Norte de Burela/Ribadeo, o C. Filigrana de Lugo, o C. Ximnasia de Viveiro, o C. Ximnasia Areoura de Foz, o C. Violeta de Baamonde, o C. Abrente de Pontevedra e o Club Xirandela de Sarria.

A pesares de termos un tempo chuvioso, a xente aproveitou este día de lecer -Día das Letras Galegas- e encheu o Pavillón de Deportes.

No que atinxe aos resultados acadados pola Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove, Escola organizadora do evento, dos tres equipos presentados neste Torneo, o equipo de categoría cadete acadou a medalla de bronce (terceira posición) e o equipo senior a medalla de ouro (primeiro posto), polo que podemos falar duns excelentes resultados. A entrega de premios e trofeos estivo presidida polo alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de deporte Cristina Iglesias e a de cultura Dolores Meitín.