Campionato Provincial de Fútbol-Sala Infantil en Xove

O próximo día 1 de Maio (Luns) a ACD.XOVE, organiza e patrocina, xunto co Concello de Xove e o Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, a fase final do Campionato Provincial de Futbol Sala Infantil. Os catro mellores equipos da provincia, xogaran pola mañan as semifinais, e pola tarde, o tercer e cuarto posto e a final. Antes de empezar a sesión de tarde, xogarase un partido de exhibición entre os Prebenxamins da Escola de Fútbol Sala da ACD.XOVE.

Dende a ACD.XOVE, desexaselles os catro participantes neste Campionato Provincial, moita sorte, e que disfruten tanto xogadores como familiares,dunha gran xornada deportiva en Xove.