Torneo de Padel San Bartolo '2016

Hoxe, na Pista Municipal de Padel de Xove, presentouse o V TORNEO DE PADEL SAN BARTOLO 2016. Este cita deportiva, que cada ano organiza o Concello de Xove a través da súa concellería de deportes, coincidindo coas Festas Patronais de Xove, vaise desenvolver na pista municipal do 15 ao 19 de agosto.
 
Para realización deste evento o Concello conta coa gestión da empresa deportiva IG10. No torneo imos ter categorías masculina, feminina e mixta.O sorteo vaise desenvolver o vindeiro venres 12 de  agosto, no Salón de Actos do Concello, ás 20:00 horas. A inscrición é de 18 € para 1 categoría e de 30 €uros para 2 categoría; a inscrición inclúe seguro de accidentes personal.En canto aos premios, vanse repartir nas distintas categorías 1.200 €uros en Material Deportivo.
 
Tamén haberá  fase de consolación en todas las categorías do Torneo.Dado que se espera unha alta participación e para facilitar a presencia de xogadores/as no Torneo, a organización ten previsto ubicar un hinchable ao lado do terreo de xogo para que os máis peques, incluso os que acompañen aos xogadores/as, teñan un lugar onde entreterse mentras de desenvolve a competición.
CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA