Homenaxe a Cristian Rodríguez Baño
Esta homenaxe desenvolveuse hoxe no Salón de Plenos do Concello, onde o alcalde Demetrio Salgueiro lle fixo a Cristian entrega dunha placa conmemorativa o noso CAMPIÓN DE BOLOS. O alcalde estivo acompañado pola concelleira de deportes Cristina Iglesias e por varios membros do Club de Bolos Xove co fin de homenaxear a Cristian polos logros acadados nestes campionatos:
- Campionato Intercontinental durante os dias 18 e 19 de xuño nos campos de bolos dos concellos de Nigrán. Gondomar e Bayona. Neste campeonato participaron xogadores de Argentina, Utruguay, Chile, Portugal e España. Pois ben, o xogador do Club de Bolos Xove Cristian Rodriguez Baño consigueo o título de CAMPION INDIVIDUAL neste campeonato Intercontinental na modalidade de Bolo Celta.Cristian acadou este titulo tras ser o lanzador que consigueo unha mellor puntuacion despois de 12 tiradas e vencendo a un total de 140 xogadores (35 equipos de 4 xogadores cada equipo) .Cristian fixo un total de 548 puntos, sacándollle a Inocencio Valverde (actual campión galego) un total de 24 puntos.
- Rematado o Intercontinental, os dias 24, 25 e 26 de xullo desenvolveuse, tamén nos campos de Nigrán, Bayona e Gondomar, o Campioanto Mundial de Bolos. Neste campeonato mundial, formando parella co xogador Alberto González do Club de Bolos Xunqueira, Cristian conseguiu o Campionato Mundial de Bolo Celta, na modalidade de Parellas. Ainda que no clasificatorio para elixir as 8 parellas que disputarian a fase final no Campo de Bolos de Baiona estiveron a piques de quedar fora, no ultimo intre Cristian e Alberto conseguiron meterse como a octava parella. Sen embargo Cristian e Alberto foron mellorando o seo xogo ata facerse co Campeonato Mundial, sen ter moitos apuros en ningunha eliminatoria.