XXIII Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica

Hoxe, domingo 22 de maio, celebrouse no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXIII Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia.  O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, comezou ás 17:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presencia de  9 equipos: as Escolas Municipais de: Xove, Vilalba e Outeiro de Rei, a E. X.  Porta Norte de Burela/Ribadeo,  o C. Filigrana de Lugo, o C.X. de Viveiro, o  C. Violeta de Baamonde, o C. X. Areoura-Foz e o Colexio Abrente de Pontevedra.

XXIII TORNEO C. XOVE DE XIMNASIA RìTMICA 2

No que atines aos resultados acadados pola Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove, Escola organizadora do evento, decir que os tres equipos cos que participamos acadaron o 1º posto na súa categoría. Así, na Categogría Iniciación, os equipos benxamín e infantil conseguiron o 1º posto. En Categoría Escolar o equipo cadete da E. M. de Xove, que hai unha semana se proclamou campión provincial no torneo celebrado en Burela, tamén se impuxo no seu torneo.

   Por último, decir que este torneo de Xove serviulles  aos equipos infantil e cadete como preparación para súa participación no Campionato Galego que se vai disputar o vindeiro 28 de maio no Pavillón de Riazor, en A Coruña.

Durante o transcurso da competición, ademáis do propia competición, os espectadores que enchían o Pavillón Municipal de Xove tiveron a oportunidade de ver unha serie de exhibicións gimnásticas (fóra de competición) a cargo de distintos grupos e ximnastas da E. M. de Xove, do C. X. Viveiro e o C. Violeta.

A entrega de premios e trofeos estivo presidida polo alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado por varias concelleiras.

En canto aos postos de honra acadados en tódalas categorías disputadas, temos:

CATEGORÍA INICIACIÓN:

Benxamín:

C.X. Viveiro

Prebenxamín:

1º C. X. Viveiro.

2º. C.X. Areoura/Foz

Benxamín:

1º.- E. M. Xove

2º.- E.X. Porta Norte

Alevín:

1º.- C. X. Viveiro A

2º.-  C.X. Viveiro B

3º.- E. M. Vilalba

Infantil:

1º.- E. M. Xove

2º.- E. M. Vilalba

3º.-  E.M. Outeiro de Rei

CATEGORÍA ESCOLAR:

Prebenxamín:

1º.-  C.X. Viveiro

2º.- Colexio Abrente de Pontevedra

3º.-  C. Filigrana

Benxamín:

1º.- C. Violeta

2º.- E. X. Porta Norte

Alevín:

1º.- C. X Viveiro B

2º.- Colexio Abrente de Pontevedra

3º.- E. X. Porta Norte A

Infantil:

1º.- C. Violeta

2º.- C. Filigrana A

3º.- Colexio Abrente de Pontevedra

Cadete:

1º.- E. M. Xove

2º.- C. X. Viveiro

3º.-  C. Violeta

Senior:

1º.- 1º C. Violeta

2º.- E. M. Vilalba