ACD´XOVE --> SENDA COSTEIRA DE XOVE-2015

Domingo 8 de Novembro de 2015

O Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, organiza esta Xuntanza Sendeirista-2015 de forma totalmente GRATUITA, co obxetivo de promocionar entre tódolos afeccionados o Sendeirismo, a Ruta “Senda Costeira de Xove”.Tódolos participantes desprazaranse ata o Portiño de Morás por conta propia. Dende Morás ata o punto de saída da Ruta, que será en Vilachá o desprazamento farase en autobuses (GRATUITO para tódolos participantes). A saída dos autobuses dende Morás será as 9:30horas mañan. En Vilachá (cruce da pista que leva a Igrexa) ,farase a saída da Ruta “Senda Costeira de Xove”, as 10:00h. da mañan.  A Ruta ten unha distancia de 12 km. polos paraxes costeiros mais bonitos de Xove. A chegada a Morás (O Portiño) será aproximadamente sobre as 13:30h. da tarde, onde estarán os vehículos particulares, e darase  por finalizada esta Xuntanza-2015. As 14:30h. tódolos membros do Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, que fixeran previamente ca Organización a reserva, accederán o Restaurante “A Cancela” para xantar un menú a base de cocido galego. Este xantar será como Clausura da Tempada 2015 de Rutas de Sendeirismo.

O prezo do Cocido Galego, e de 22.-€/persoa