“XOVE CONCILIA “ E “MAÑÁS ACTIVAS”

O Concello de Xove ven de poñer en marcha dous proxectos dirixidos a conciliar a vida familiar e laboral das familias deste municipio durante os meses de xullo e agosto.

Dende as Concellerías de Deportes e de Servizos Sociais, organizouse o proxecto “ XOVE CONCILIA”, dirixido a nenos e nenas de 4º de Infantil a 4º de Primaria. Un total de 46 menores participan nas diferentes actividades desenvolvidas en horario de 10:00 a 14:00 horas, xogos predeportivos, manualidades, educación para a saúde, ambiental...

O proxecto “MAÑÁS ACTIVAS”, organizado pola  Oficina de Información Xuvenil e subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, conta coa participación de 5 voluntarias. Nesta edición os 20 mozos e mozas de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos, participarán en diferentes actividades: informática, cociña, actividades da natureza, manualidades, educación vial e obradoiros de integración e inclusión.

Con estes dous proxectos o Concello de Xove  pretende ofertar actividades formativas, lúdicas e dinámicas, para que os/as 65 menores participantes ocupen o seu tempo de lecer e permitir ás súas familias a conciliación laboral.