Convocatoria concurso ANAGRAMA para o Deporte Municipal

CARTEL CONCURSO ANAGRAMA DEPORTE MUNICIPAL

O Concello de Xove, dentro do marco das competencias que ten atribuídas pola lexislación vixente ten como obxectivo potenciar a participación cidadá no deseño de logos institucionais, e realiza para tal fin a convocatoria de premios do Concurso de Confección de un anagrama para o deporte municipal, coas seguintes especificacións:

1.- Entidade adxudicadora

a.- Organismo: Xunta de Goberno Local do Concello de Xove

b.- Departamento que tramita o expediente: Concellería de Deporte

2.- Obxecto.- Concesión de premios do concurso de confección de un anagrama para o deporte municipal

3.- Orzamento.- A contía máxima prevista destinada aos presentes premios é de 100,00 €, con cargo á partida 341.481 do Estado de Gastos do Orzamento Municipal de 2014 prorrogado para 2015.

4.- Contía dos premios.- Haberá unha única categoría..- O premio consistirán nun lote de libros, material escolar ou deportivo valorado en 100 euros..- O autor cederá tódolos seus dereitos sobre a súa obra ao Concello de Xove.O anagrama, logo ou similar premiado será seleccionado como Logo institucional do Deporte do Concello de Xove..- De acordo co RD 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas, non están suxeitos a retención ningún dos anteriores premios.

CONVOCATORIA E BASES NO PORTAL TRANSPARENCIA

5.- Requisitos dos participantes.-Poderá participar no concurso e ser beneficiario deste premio calquera persoa empadroada no Concello de Xove ou ben que practique algunha modalidade deportiva dentro das diferentes Asociacións Deportivas inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións así como nas Escolas Deportivas Municipais.

A documentación a presentar será a seguinte:

 Toda esta documentación entregarase no Rexistro de Entrada do Concello de Xove coa data límite do 28 de Febreiro inclusive.

6.- Procedemento de entrega de premios,.-Unha vez rematado o prazo de entrega, o xurado reunirase durante o mes de marzo e levantará acta na que conste o premiado. .-Sobre a acta do xurado, emitirase informe-proposta  polo responsable do Departamento de  Deportes do Concello de Xove, que se elevará á Xunta de Goberno Local, órgano competente para a concesión dos premios.

O fallo do xurado darase a coñecer durante a semana na que se realice a presentación da Iª GALA DO DEPORTE DO CONCELLO DE XOVE.

A entrega do premio ao gañador farase coincidir coa celebración de dita Gala.

Pola súa consideración de premio en especie, o establecemento ou establecementos comerciais nos que se adquiran os lotes de libros ou material escolar, deberá emitir factura a nomes do beneficiario do premio ou do seu titor legal. Non obstante, dita factura será abonada polo Concello.

8.-Outras informacións.- Concelleira de Deporte e Turismo. Tlfo. 982.59.20.01