REMATOU O IIº OPEN DE PADEL DE XOVE

Desenvolveuse este Open durante todo o mes de agosto, en xornadas de mañá e tarde. Contou esta IIª edición con máis de 90 participantes.As finais tiveron lugar durante toda a tarde do domingo 31 de agosto, coincidindo co último día das Festas Patronais. En canto aos resultados finais, temos:

Este evento, que por segundo ano consecutivo foi organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Xove, contou tamén co patrocinio da empresa SIUX. Ao remate da competición celebrouse a entrega de trofeos, que contou coa presencia da concelleira de deportes Cristina Iglesias, acompañada polas concelleiras de Servizos Sociais e Cultura.

padelfinal2014