Recepción ó Campión Benxamin do XVIIIº TORNEO de FOZ

Hoxe pola mañá o Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro recibiu no Salón de Plenos ao equipo Benxamín de F-8 da ACD Xove que o pasado domingo 29 de xuño se proclamou campión do XVIIIº TORNEO INTERNACIONAL COSTANOVA DE FÚTBOL BASE DE FOZ en categoría benxamín, despois de vencer na final ao Peña Atletic de Santurce por 3 a 0, partido disputado no Campo Martínez Otero de Foz. No acto, os xogadores estiveron acompañados polos técnicos (entrenadores, etc.) e tamén polos seus pais.