Matricula na Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove 2013-2014

A Escola Municipal de Ximnasia Rítmica de Xove convoca a inscrición (matrícula) para o Curso 2013-2014.  A documentación necesaria para esta matricula é a seguinte:

1º.- Ficha de Inscrición.-  FICHA 

2º.- Comprobante de ter feito o pago de 50 € no nº de conta que se indica en concepto de matrícula por alumno e curso completo.- Nº de conta 0072 0231 45 0000100036 do Banco Pastor.

3º.- Fotocopia do DNI do alumno/a ou do pai/nai, titor/a

4º.-Impreso de autorización de publicación de imaxes na páxina web do  Concello.-  AUTORIZACIÓN

A folla de inscrición tamén se poderá recoller nas Oficinas Municipais do Concello (planta baixa da Casa do Concello,  en Rexistro), de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 horas. Para formaliza-la matricula, hai que rexistrar a Folla de inscrición (con tódolos datos cubertos) no Rexistro Municipal do Concello, xunto co resto da documentación anteriormente citada. O prazo será durante todo o mes de Agosto do presente ano, en horario normal das Oficinas Municipais.  Unha vez pechada a matrícula oficial na Escola (31 Agosto), o Concello fará pública a Lista de admitidos. 

As actividades do Curso 2013-2014 comezarán o XOVES, 5 DE  SETEMBRO de 2013 no Pavillón Municipal de Deportes. Todas as ximnastas admitidas deberán presentarse ás 17:00h.