Clinic de padel-Xove

Este fin de semana do 27 e 28 de xullo o Concello de Xove, a través da concellería de Deportes organizará na súa Pista Municipal de Padel un Clinic sobre o Padel, onde todas as persoas que o desexen poderán iniciarse e perfeccionar a técnica deste deporte que cada día ten máis seguidores.

O horario desta actividade é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00. Faranse grupos de 3 persoas dunha hora cada grupo, podendo escoller o horario máis adecuado para cada grupo. A inscrición é totalmente gratuíta para todas as persoas e para toda-las idades. A inscrición realízase na Piscina Municipal de Xove en horario de 10:00 a 13:00 e de 18:00 a 22:00. Durante todo o mes de Agosto realizaranse diferentes tipos de actividades e competicions na Pista de Padel.