Noé Cabana Alemparte, Campión de España de Fútbol-Sala

Hoxe, a última hora da mañá no Salón de Plenos do Concello,  o Alcalde Demetrio Salgueiro acompañado pola Concelleira de Deportes e Turismo Cristina Iglesias, recibiron no Salón de Plenos a Noé Cabanas Alemparte, rapaz de Xove que acaba de proclamarse campión de España de Fútbol Sala de Seleccións Autonómicas Base, na categoría infantil. Noel Cabana é porteiro da Selección Galega, e proclamouse campión de España no torneo celebrado do 5 ao 7 de abril deste ano en Oropesa del Mar.

Pola súa parte, o Alcalde felicitou a esta xove promesa do fútbol sala e animouno a seguir traballando para acadar novas metas.

noe455