Xornada sobre patrimonio sumerxido en Xove

Xornada sobre o Patrimonio Subacuático de Xove

Naufraxios: Patrimonio sumerxido na costa de Xove é o título da interesantísima xornada que, dende Turismo, Investigación Social e Muller e baixo a coordinación de Lucía Sánchez, organiza o noso Concello para o próximo mércores, 17 de abril, a partir das 17:30 da tarde no Salón de Actos do Centro Cívico. Xove conta cun Patrimonio Subacuático de enorme importancia, co pecio documentado máis antigo de Galicia, descuberto por casualidade no ano 2007, e afundido na nosa costa no ano 1544. Por este motivo, dende o Dep. de Investigación Social do Concello de Xove, convidouse a prestixios@s profesionais da Arqueoloxía Náutica e Subacuática, da Conservación, e da Función Pública, para impartir os relatorios desta Xornada, con entrada libre e gratuíta para tod@s aqueles interesados na materia:

RELATORIOS: