Seminario de Defensa Persoal Feminina

Impartido onte día 15 de marzo. Un total de 17 mulleres participaron neste seminario, organizado pola Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Xove e impartido pola Escuela de Defensa Personal & Policial HKF. Ao longo das catro horas de duración, catro monitores desta escola enseñaron ás participantes diferentes técnicas de defensa e protección. Ao remate do seminario, o Alcalde Demetrio Salgueiro fixo entrega dun diploma a cada alumna.