imaxes do Agora Xove´ 2017

O noso veciño máis coñecido é  o cómico e presentador Roberto Vilar, que  foi o encargado de inaugurar o sábado Agora Xove, a feira multisectorial que reuneu este fin de semana a máis de 50 empresas asentadas no municipio. O director do programa Land Rover da TVG contribuíu a facer máis visible o potencial do seu concello de nacemento. Vilar exaltou o carácter emprendedor dos xovenses, xentes traballadoras con corazón e moitas ganas de saír adiante.

Roberto Vilar mostrouse encantado e moi orgulloso de acudir ao seu municipio cantas veces lle reclamen. Recordou que "un empresario é un traballador que ten unha empresa, por exemplo eu traballo pintando a mona, para o que tiven que crear unha empresa", apuntou.

O polifacético humorista asegurou que o que necesitan os propietarios das empresas é "que os políticos axuden". Vilar manifestou que cando se fala da marcha da economía, queda fóra da ecuación un dato, que é "a alma e o corazón da xente, porque os empresarios teñen ganas de saír adiante e facer as cousas, queren traballar, pola súa familia, por eles e polo seu proxecto persoal. A xente pón corazón nas cousas para saír adiante e facelas de verdade", recalcou.

 

* FAI CLICK SOBRE A IMAXE PARA ACCEDER Ó SERVIDOR FLIKR DONDE SE ALMACENAN E SE PODEN DESCARGAR Ó PC

O Concello de Xove ratifica coa súa contribución a este certame a súa aposta polo comercio e a industria da localidade como xeradores de emprego e riqueza. O alcalde, Demetrio Salgueiro Rapa, manifestou o sábado durante a apertura do feiral que a intención é "que se consolide, que medre e que sexa un referente na provincia".