Reunión para a constitución da Comisión Local de Seguridade

comi2013Hoxe ás 11:00 horas, no Salón de Plenos do Concello do Concello, desenvolveuse unha reunión extraordinaria para constitución da Comisión Local de Seguridade. Esta reunión foi convocada conxuntamente polo Alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e o Subdelegado do Goberno Ramón Carballo. Á mesma tamén estaban convocados representantes da Guardia Civil e da Unidade de Tráfico, representante da Policía Nacional, Representante da Policía Autonómica, Concelleira de Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade, Jefa da Unidade contra a violencia sobre a muller, e tamén asistiron á mesma membros da Policía Local de Xove (corpo de vixiantes municipais). Actuou como secretario da reunión, o Secretario do Concello de  Xove.