O Sábado 11 de xuño, as 10 horas celebrouse o pleno de constitución da corporación municipal despois de celebradas as eleccións de 22 de maio de 2011, coa composición seguinte:
D. JOSE DEMETRIO SALGUEIRO RAPA(PP)
D. JOSE MANUEL GONZÁLEZ ALVAREZ (PP)
Dª ANA MARÍA ABAD LÓPEZ (PP)
Dª MARÍA DOLORES MEITIN GUERREIRO (PP)
Dª CRISTINA IGLESIAS GUERREIRO (PP)
D. JOSE MANUEL BALSEIRO CANOURA (PP)
Dª MARIA ROSARIO BALSEIRO LÓPEZ (PP)
Dª MANUEL ANGEL MEITIN ROUCO (PP)
D. MARCO LÓPEZ LÓPEZ(BNG)
D. JOSÉ MANUEL LÓPEZ HERMIDA(BNG)
D. ALBERTO SANTOS VÁZQUEZ (PSdeG-PSOE)
Despois da toma de posesión de D. José Demetrio Salgueiro Rapa, como Alcalde-Presidente do Concello, os portavoces dos grupos políticos efectuaron unha intervención do xeito seguinte: .... manifesta o Alcalde o seu agradecemento a todos e cada un dos veciños de Xove que depositaron a súa confianza na candidatura do Partido Popular, manifestando que asume a enorme responsabilidade que supón ser Alcalde do Concello de Xove, e que por suposto gobernará para todos e cada un dos veciños, estando desde este mesmo momento ó dispor de todos eles, e de tódolos membros da Corporación. Os obxectivos fundamentais da acción de goberno durante os próximos 4 anos será seguir mellorando as infraestruturas e os Servizos Públicos, e sobre todo intentar paliar a lacra do paro, fundamentalmente no que afecta ós xovenes, recoñecendo que nuns momentos de crise, esixirán un traballo e unha dedicación absolutas.
O grupo municipal do BNG, o final da súa intervención sinalaba que sabe distinguir moi ben que unha cousa é ser un sabio (destes háichevos moi poucos) e outra moi diferente é ser un sabido ou un sabichón (estes son os que nunca se trabucan e mais os que pensan que son máis listos que os demais). Por iso, porque o temos claro, a nosa posición será a que vimos desenvolvendo desde bastante antes de entrarmos en política: escoitar a todo o mundo.Desexámoslles a todos vostedes moita sorte para a vindeira lexislatura. É un desexo sincero do noso grupo, do Bloque Nacionalista Galego.
Polo Sr. Santos Vázquez felicitase ó Sr. Alcalde e o seu grupo, sinalando a súa colaboración para todo aquelo que supoña un beneficio para os veciños de Xove.