Os "pekes" aprenden a nadar en Xove
pekesNadar¿Acórdanse da campaña do From que dicía aquilo de «Pezqueniñes, non grazas»? Fago alusións a ela porque así senten, como peixes na auga, péquelos que esta semana comezaron as clases de natación para nenos de tres anos organizadas polo Concello de Xove na piscina municipal.
O curso, que durará todo o mes de xuño tres días á semana, permite aos seis nenos que acoden ao, de distintos puntos da comarca da Mariña, ir familiarizándose co medio acuático. Aínda que xa na barriga das súas mamás pasaron antes noves meses «nadando» en líquido amniótico, así que algo se lles quedou, se cadra, da súa experiencia prenatal.
Desde o momento en que os pequenos entran nas instalacións deportivas, os luns, os mércores e os venres convértense en días diferentes na súa rutina diaria.
Hoxe toca ir... ¡á piscina!, pensan con gran entusiasmo. Pero logo de porse o gorro, o bañador e as chanclas, antes do mergullo toca colocarse os manguitos e... ¡ao auga patos! Aprenden, acompañados polos seus pais ou familiares, a baixar e subir as escaleiras da piscina, flotar, chapotear, controlar a respiración...
Todo parece divertido, pois a base das clases son os xogos, aínda que de cando en vez escóitase algún que outro pranto.
José Manuel Blanco guíalles, na auga, xunto a dous monitores máis.