A piscina abrirá o vindeiro día 11 cunha nova climatización

A piscina municipal de Xove está en obras dende comezos de agosto, consistentes en cambio de parte do teito, obra realizada pola empresa xovense EVOX e dunha nova climatización interior da piscina, a cargo da empresa IAM RUMBO da Coruña. A piscina abrirá o día 11.

«En canto á obra de sustitución do teito, procedeuse á sustitución da metade que había quedado do pasado ano, co cal o que fixo EVOX foi completar a obra de sustitución integral do teito. Unha vez rematada a obra do teito, procedeuse a sustitución da vella climatización. Para esta importante obra presentáronse un total de 10 empresas, que contaban cunha licitación de 253.180,70 euros. Resolto o concurso, a empresa IAM RUMBO fíxose coa obra por un importe de 189.171,98 euros, cunha rebaixa do 25 %». «Esta obra vai supor unha mellora grande na climatización interior da piscina, cun control máis exhaustivo e exacto da humidade e da temperatura grazas a moderna tecnoloxía».