Xacio Baño nos premios Mestre Mateo 2016

A comarca tivo a súa trocito de protagonismo na gala dos premios Mestre Mateo, porque dous mariñáns resultaron premiados polo seu bo facer no mundo do audiovisual. É o caso do director de cine xovense Xacio Baño, que logrou o premio á mellor curtametraxe con Eco, e unha trama na que volve mergullar no universo familiar, neste caso do actor Xosé Barato.