Axudas para lucido de fachadas 2011
IMG_2526Xa está aberto o prazo para solicitar axuda para :

Plazo de presentación de solicitudes: ata o  30 de xuño de 2011

Subvención máxima: 300€.


bases reguladoras...  

 

BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS A LUCIDO DE FACHADAS E ACONDICIONAMENTO DOS ACCESOS Á VIVENDA.

1ª.- As presentes Bases, que terán unha vixencia de un (1) ano, sen prexuízo da súa posible prorroga mediante acordo plenario ó efecto teñen como obxectivo que tódolos veciños de Xove poidan remata-lo exterior das súa vivenda unifamiliar quedando estas protexidas da humidade e o clima en axeitadas condicións de salubridade e seguridade, mediante a utilización de materiais respectuosos co entorno coa paisaxe e coa tipoloxía tradicional da zona e que ditas vivendas conten cuns accesos desde as vías de titularidade pública en axeitadas condicións de uso e seguridade viaria.

2ª.- Poidan ser obxecto de subvención as obras de remate das fachadas ( lucido de fachadas ) e o acondicionamentos dos accesos desde as vías de titularidade pública de vivendas unifamiliares ubicadas no termino municipal de Xove é os efectos da incoación do correspondente expediente o solicitante, que en todo caso deberá se-lo propietario do inmoble, presentará no Rexistro Municipal solicitude de subvención no Modelo que ó efecto se facilitará nas Oficinas Municipais e a documentación que a seguir se relaciona acreditativa de que a vivenda reúne todos e cada un dos requisitos exisibles para a obtención de subvención:

Simultaneamente coa presentación da solicitude de subvención deberá solicitarse igualmente a preceptiva licenza municipal de obra menor.

3ª.- Unha vez recibida a solicitude a Oficina Técnica e a Secretaría Municipal, emitiran informe no que se acredite o cumprimento de todos e cada un dos requisitos anteriormente citado, propoñendo a Xunta de Goberno Local a concesión ou a non concesión da subvención solicitada. En todo caso a proposta deberá estar motivada e no suposto de falla ou defecto de documentación; con carácter previo á emisión do antedito informe- proposta; deberá comunicarse ó solicitante a falla de documentación apreciada dándolle un prazo de 10 días para a presentación ou subsanación que fora procedente coa advertencia expresa de que de non facelo a súa solicitude será arquivada sen máis trámite.

4ª.- A Xunta de Goberno Local á vista do Informe-Proposta aprobará o outorgamento ou a denegación da subvención solicitada.

No suposto de outorgamento o acordo deberá determinar igualmente a contía da subvención que en ningún caso poderá superar ós 300´00 € por solicitude e vivenda e o prazo de execución das obras que en ningún caso poderá ser superior ós 3 meses contados a partir da notificación do acordo.

O prazo de execución anteriormente citado só poderá ser obxecto de prorroga; por un prazo máximo de dous meses contado a partir da data de remate do prazo inicial; por casos excepcionais de forza maior sempre que dita prorroga se solicite antes do remate do prazo de execución fixado inicialmente.

O incumprimento do prazo de execución inicialmente fixado ou no seu caso o determinado na prorroga concedida suporá a perda automática da subvención concedida.

5ª.- Os efectos do finanzamento da presente liña de subvención dotarase a orzamentariamente Partida 152.789 coa cantidade de 6.000´00 €; sen prexuízo de que, se fose necesario, dita dotación poida ser obxecto de ampliación.

6ª.- Rematadas as obras obxecto de subvención o solicitante deberá comunica-lo mediante escrito dirixido á Oficina Técnica Municipal ó que se acompañara fotografías do estado da fachada unha vez executadas as obras así como os orixinais ou copias autenticadas das facturas abonadas polos traballos efectuados.

7ª.- Recibida a solicitude o Arquitecto Técnico Municipal efectuará unha visita de inspección e a resultas da mesma emitirá informe no que se acredite a correcta execución da obras propoñendo á Xunta de Goberno Local a aprobación do abono da subvención outorgada.

8ª.- No caso de que o Informe antedito acreditará a non execución ou a execución incompleta ou incorrecta das obras se dará traslado do mesmo ó solicitante para que se é posible, e sempre que non se houbera esgotado o prazo de execución, proceda á subsanación ou remate das obras dentro do prazo execución fixado no acordo de concesión ou no de prórroga se fose o caso. Completadas ou subsanadas as obras o solicitante comunicarao á Oficina Técnica Municipal consonte ó disposto na Base 6ª procedéndose por parte da Oficina Técnica Municipal a efectua-la visita e a emiti-lo informe previstos na Base 7ª.

9º.- O prazo de presentación de solicitudes será comunicado mediante anuncio que se publicará no xornal El Progreso ( Edición de A Mariña ) e mediante Bandos que se colocarán nos lugares habituais do termo municipal. En calquera caso o prazo de presentación de solicitudes non poderá ser superior ós tres meses e en calquera caso as obras deberá estar rematadas e dito remate posto en coñecemento da Oficina Técnica Municipal ós efectos do disposto na Base 7ª no prazo de execución que se determine no acordo de concesión da preceptiva licenza e en calquera caso antes do 30 de novembro 2011.

Excepcionalmente, naqueles supostos nos que a concesión da licenza municipal estea condicionada pola previa e preceptiva autorización de calquera outro organismo administrativo ( Diputación Provincial, Servicio provincial de costas, Servicios de Usos do Litoral, Comisión Provincial de Patrimonio, Augas de Galicia ou Servicio Provincial de Urbanismo ) os prazos de execución anteriormente citados se interromperán ata a obtención e notificación da correspondente autorización.