O Concello subvencionou o arranxo exterior de fachadas.
fachada2sO Pleno do noso Concello, celebrado o 12 de maio de 2008, aprobou as Bases  Reguladoras das subvencións municipais para o remate exterior (lucido de fachadas) de vivendas unifamiliares de máis de cinco anos de antiguidade.

Foron obxecto desta subvención as obras de remate das fachadas (lucido das mesmas). Para este fin, no devandito Pleno acordouse adicar a esta iniciativa unha cantidade de 3.000 €uros, a razón de 300 €uros de subvención por solicitude. Aberto o prazo de solicitude dende o 15 de abril ata o 30 de xuño de 2009, viuse que a cantidade consignada era insuficiente, polo que houbo que suplementar esta cantidade, prácticamente doblala.

En total foron aprobadas 18 solicitudes, a razón de 300 €uros por solicitude, temos que esta iniciativa supúxolle ao noso Concello a cantidade total de 5.400 €uros.