Arranxo de viais municipales 2022
A obra consisteu, básicamente, no acondicionamento e mellora de varios viales de acceso aos núcleos de Prada e Illade na Parroquia de Xuances e na Barxa na Parroquia de Lago.
Segundo o anterior, inda que abordadas de forma conxunta, podemos diferenciar tres actuacións distintas:
-
- 1.- Mellora do vial Prada-Praia de Esteiro (1609 mts) e ramal (330 mts), que supón 1.939 mts. de estrada, cun ancho variable entre 3,70 e 4 mts.
- 2.- Mellora do vial de acceso a Illade (946 mts) e ramais (629 + 500 mts), que supón 2.075 mts, cun ancho variable entre 3 e 4,7 mts.
- 3.- Mellora o vial de a Barxa á Praia de Lago (979 mts), cun ancho variable entre 4,50 e 11 mts.
Falamos dun total de 4.993 mts. de viais aos cales primeriro se lles realizou unha limpeza, para pasar posteriormente a darlle unha capa de asfaltado en quente, rematando a actuación coa completa sinalización horizontal (pintado do vial) e vertical da carretera. Esta obra, que conta cun investimento importante de 205.300,70 €uros, mellora a seguridade dos desprazamentos nas áreas intervidas; deste xeito, os accesos ás Praias de Lago e Esteiro, así como a unha boa parte da parroquia de Xuances, melloran sustancialmente, proporcionando unha maior comodidade aos usuarios nos seus desprazamentos. A financiación, compartida polo Concello e a Deputación, foi a seguinte: -Concello: 12.064,70 € -Deputación: 193.236,00 €