Arranxo do vial a Canelas e Portocelo

Investidos 197.000 Euros no vial a Canelas e Portocelo.- Trátase dunha obra englobada dentro do Plan Único 2021 da Deputación Provincial. O proxecto consisteu en acondicionar e mellorar o vial que une os núcleos de Portocelo e Canelas coa Estrada Provincial LU-2601. Trátase dun vial de 1.980 mts, cunha anchura media de algo máis de 3 metros, moi usado e con bastante tráfico, mesmo no verán onde é moi utilizado polas autocaravanas. Debido a súa antigüidade o pavimento atopábase moi deteriorado, presentando estreiteces en algúns tramos.

Resumidamente, a actuación neste vial consisteu primeriro nunha limpeza de todo o vial, para pasar posteriormente a darlle unha capa de asfaltado en quente; posteriormente dotouse a estrada cunha cuneta de 60 cm revestida de formigón. A actuación neste vial rematou coa completa sinalización horizontal (pintado do vial) e vertical, a cal acaba de finalizarse.

   Grazas a esta actuación o vial pasou a ter 5 metros de ancho, frente aos 3 mts iniciais, dotando tamén o vial con algunhas zonas de sobreancho. Esta obra, que conta cun investimento importante de 197.230 €uros, vai permitir unha maior comodida e unha mellor seguridade nos desprazamentos.

   A financiación, compartida polo Concello e a Deputación, foi a seguinte:Concello: 12.064,70 €  e dende a  Deputación de Lugo: 185.165,30 €

VIAL A PORTOCELO E CANELAS 1