Remata a obra de restauración da Fonte de Pereiraboa

Esta fonte, ubicada no burgo de Pereiraboa na parroquia de Xuances, atopábase nunha situación de total abandono. O Concello, seguindo a súa política de recuperación do seu patrimonio arquitectónico rural, decideu resturala;  esta iniciativa supón, ademáis da recuperación etnográfica da mesma, a dotación dun importante servizo a tódolos veciños do entorno, xa que, xunto coa fonte, tamén se recuperou o lavadoiro.

   Dentro das obras realizadas, destacamos:

q     Cambio da cuberta de uralita por pizarra.

q     Sustitución dos muros de mampostería por pedra granítica.

q     Sustitución do antigo lavadoiro de cemento e bloque por pedra granítica.

q     Sustitución da antiga soleira de hormigón por unha nova de pedra natural.

   Tódala actuación foi realizada co máximo respecto ao enterno natural e arquitectónico, empregándose elementos de construcción como a pizarra natural e morteiro tradiconal.  

O presuposto da obra foi de 30.619,96 €, contándose cunha subvención de 16.133,69 € da Dirección Xeral de Administración Local da Consellería  de Presidencia, con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.