Deputación e o Concello colaboran na rexeneración de viais municipais

obrasenxove03313Dende hai cáseque un mes está a traballar en Xove un equipo de riego da Deputación de Lugo, o cal foi lle concedido ao noso Concello. Este equipo, que vai rematar o seu traballo o vindeiro venres 8 de marzo realizou, e está a realizar, unha serie de traballos en distintos viais municipais, arranxándoos e rexenerándoos.

Neste tempo xa foron varios os viais de titularidade municipal  reparados, uns con tratamento parcial, incidindo nas partes máis abandoadas, e outros o foron integralmente, cubrindo toda a superficie do mesmo.

Dentro dos viais con reparacións parciais temos os seguintes:Varios accesos ao núcleo dos Carballás en Xove a Conexión entre Os Carballás e Aceveda e Varios viais nas parroquias de A Rigueira, Xuances e Portocelo.

Con tratamento integral temos a reparación do vial de prolongación do Camiño Real, o cal, por certo, foi visitado hoxe polo Alcalde Demetrio Salgueiro en compañía do aparejador municipal Benigno Mon. (Adxunto unha fotografía desta visita).

Estas obras están feitas en colaboración entre a Deputación e o Concello. A Deputación facilitou o equipo de riego (maquinaria), materiais e personal,  e o Concello, pola súa banda, tamén colaborou con medios materiais e humanos.

Hai que decir que esta colaboración coa Deputación nestas obras  está supoñendo un aforro considerable para o Concello.

Por parte do Alcalde, quérese agradecer á Deputación Provincial de Lugo esta colaboración para mellora dos viais de titularidade municipal.