Exposición fotográfica ‘Nicaragua: unha realidade viva’

As imaxes amosan o proxecto sociosanitario da ONGD Solidariedade Galega que foi cofinanciado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
A exposición ‘Nicaragua: unha realidade viva’ inicia o  martes 27 de xullo na vila lucense de Xove o seu percorrido polas sedes de diferentes Deputacións e Concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A mostra reúne as imaxes tomadas polo recoñecido fotógrafo vilagarcián Eduardo J. Castro no marco do proxecto ‘A formación sociosanitaria como vía de desenvolvemento’ que levou a cabo a ONGD Solidariedade Galega co cofinanciamento do Fondo nos municipios de Ocotal (Nueva Segovia) e Puerto Cabezas (Región Autónoma del Atlántico Norte).
As fotografías de ‘Nicaragua: unha realidade viva’ permanecerán no salón de actos da Casa Consistorial de Xove ata o vindeiro 9 de agosto. A exposición, con entrada de balde, abre polas tardes de luns a domingo, en horario de 17 a 22 horas.
No espazo habilitarase asemade un punto de información sobre o Fondo Galego de Cooperación, onde os visitantes poderán consultar as diversas publicacións editadas pola entidade municipalista.



nikaragua