Obradoiro sobre o Cambio Climático
cambio_climaticoA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras en colaboración co Concello de Xove organiza un Obradoiro sobre o fenómeno do cambio climático para divulgar e concienciar a cidadanía sobre a problemática medioambiental actual co obxetivo de promover un cambio de actitudes, hábitos e comportamentos individuais.

A actividade comeza cunha exposición que estará aberta durante unha semana  dende o 21 ao 28 de decembro en horario de 19:00 a 21:00 na Sala de Exposicións do Salón de Actos do Concello.

Asimesmo o mércores 23 de 17:00 a 19:00 da tarde no mesmo lugar, realizaráse un obradoiro dirixido aos adultos e outro para os nenos e nenas que terá lugar na Aula de Formación do Concello.

Para a participación no Obradoiro infantil será necesario cubrir unha autorización do pai/nai/titor do neno ou nena que desexe participar nel. As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse antes do 18 de Decembro no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello ou nos Centros Educativos C.E.I.P. “Pedro Caselles Rollán” e  I.E.S  “Illa de Sarón “.

A actividade é totalmente gratuita. Prazas limitadas.

Dende o Concello invítase a tódalas persoas a que  participen nesta actividade.