Obradoiro de nutrición no Centro Social de Morás

rueda-de-nutricion_esencial

O Concello de Xove a través da Aula de Medio ambiente organiza un obradoiro de Nutrición que terá lugar o venres, 30 de Outubro no Centro Social de Morás de 17:00 a 20:00 da tarde.

As persoas interesadas en anotarse a dita actividade poden inscribirse no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello , hasta o día 29. A actividade lévase a cabo ao abeiro da subvención da educación para a sustentabilidade e consistirá por un lado, nunha breve charla sobre os coñecementos básicos nutricionais (alimentos, dietas, vitaminas e minerais…) e por outro, na elaboración e degustación de productos saudables.

As persoas que queiran participar nesta actividade deberán poñerse en contacto con Pilar ( coordinadora da aula de medio ambiente ) chamando ao Concello 982592001 ou ben acudindo ao Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do mesmo.

Dende a Aula de Medio Ambiente do Concello de Xove anímase á veciñanza á participación nesta iniciativa.