Festa do Polbo da Pedra 2019

o Xoves Santo celébrase en Xove a XVIII Festa do Polbo da Pedra

A partir das 12:00 nos locais de hostalaría de Xove poderase degustar o polbo preparado en varias especialidades: A Feira, en empanada, ao alliño, á brasa, en vinagreta, con queixo de San Simón, á mariñeira, con mollo de allo, en pizza, ou revolcón. A ración ronda os 10€ aínda que hai especialidades que poderán custar menos ou máis desta cantidade.

CONSTRUIR O FUTURO DE XOVE MIRANDO AO MAR

A XVIII Festa do Polbo da Pedra de Xove enmárcase dentro do proxecto ‘Construir o Futuro de Xove Mirando ao Mar’ financiado polo Galp Mariña-Ortegal, que organizará tamén este ano a Festa do Percebe, as Xornadas Gastronómicas e o Tapeo do Mar e as Visitas Guiadas en Embarcación á Illa de Ansarón. Trátase un proxecto impulsado desde o Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Xove e promovido por 3 entidades: unha do Sector Público, o propio Concello de Xove, unha do Sector Social, Asociación a Medorra, e unha do Sector Económico, a ACIAM.

Ten como principais obxectivos dinamizar turística, social e economicamente Xove e a zona da Mariña-Ortegal, dar a coñecer os produtos do mar procedentes da zona Mariña-Ortegal, aumentando o seu valor engadido e potenciando o seu consumo, logrando que isto poida repercutir nun aumento do valor económico dos produtos pesqueiros e dotar ao sector hostaleiro de Xove das ferramentas necesarias para desenvolver os elementos diferenciadores que lles permitan ser máis competitivos, fomentando así o crecemento económico.

+INFO: Xenérica: Fabián Ben: 618 963 961 Rosa Lage: 982 592 001 Sobre a Exposición: Educador Ambiental - Diego Vázquez Miramontes: 600 319 515