Curso de Socorrismo 2015: Selección de Alumnado

SELECCIÓN DE ALUMNADO PARA AS PERSOAS CONVOCADAS POLA OFICINA DE EMPREGO PARA O CURSO:  (AFDP0209) SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

O día marcado na carta da Oficina de Emprego de Burela, as persoas convocadas acudirán á Aula de Formación onde cubrirán unha ficha cos seus datos e coñecerán os datos principais do curso. Posteriormente, na Piscina Municipal realizarase a selección de alumnado que consistirá nunha proba de natación en estilo libre de 200 metros.

Estímase un tempo máximo de realización de 4 minutos e 15 segundos. Unha vez realizada a proba, efectuarase unha listaxe cos tempos acadados por cada persoa, incluídas as persoas que a efectuaron superando o tempo establecido.

As prazas iranse asignando ás persoas que empregaron menos tempo en realizala, as demais persoas formarán parte da lista de espera. Nesta primeira convocatoria só poderán participar as persoas desempregadas que recibiron a correspondente carta da Oficina de Emprego.