Accións formativas da COGAMI

A COGAMI informa que a CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR, veu a conceder 2 accións formativas da PROGRAMACIÓN AFD na rama administrativa, á asociación A MARIÑA COGAMI. Ambas teñen acceso a CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE DE NIVEL 1, e dispoñen de AXUDAS ECONÓMICAS para aquelas persoas que cumpran cos requisitos, e se EXPLICARÁN INDIVIDUALMENTE NO CASO DE SER SELECCIONAD@ PARA A REALIZACIÓN DALGUNHA. Ambas desenvolveránse no CRD DE PALMEIRO, situado na urbanización de Palmeiro en Xove.  

Para poder acceder é preciso ESTAR ANOTADO COMA DEMANDANTE DE EMPREGO NUNHA OFICINA DO SPEG, E SOLICITAR OS CURSOS NA OFICINA DE EMPREGO CO CÓDIGO QUE FIGURA EN VERMELLO NO CUADRO DE ABAIXO.

 

 

 

CÓDIGO CURSOS SOLICITADOS DATA INICIO DATA FIN HORARIO MAÑA HORARIO TARDE AULA

1123

ADGG0508

Operacións de gravación e tratamento de datos datos e documentos 15/07/2015 24/11/2015 09:00 – 14:00   Aula Acreditada nº 1: Formación Profesional
Máis información

1124

ADGG0408

Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais 15/07/2015 20/11/2015   15:00 – 20:00

Aula Acreditada nº 1: Formación Profesional

Máis información