Encontro Vacacións con Traballo 2006-2015

O Persoal de concellos das catro provincias galegas fixo unha reunión  para reflexionar sobre a cooperación internacional no Encontro Vacacións con Traballo 2006-2015 que  se fixo en Pontevedra con máis de vinte empregadas e empregados municipais participantes neste programa de voluntariado internacional en países empobrecidos.  Un dos obxectivos da xornada é mellorar esta iniciativa de voluntariado en países empobrecidos que neste ano chega ao seu décimo aniversario.-

Vacacións con Traballo (VcT) é un programa de sensibilización e voluntariado dirixido ás/aos traballadoras/es da administración local galega asociada ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. As/os participantes son seleccionadas/os por medio dunha convocatoria pública tras un proceso de observación dos seus CV e cartas de motivación, en función do perfil profesional que os nosos parceiros do Sur nos solicitan. As estancias duran un mes.

As/os traballadoras/es seleccionadas/os invisten/sacrifican o seu mes de vacacións en terreo apoiando tecnicamente aos parceiros do Fondo Galego, e de aí o nome do programa, no que o Fondo paga a viaxe das/os participantes e os nosos socios locais os aloxamentos e as manutencións. Entendémolo coma un programa de dobre dirección onde ambas as dúas partes aprenden, e onde a implicación das/os candidatas/os é imprescindible.

Ata hoxe viaxaron ao Sur para cooperar por medio de VcT 30 persoas, 21 mulleres e 9 homes. Desprazáronse aos proxectos onde o Fondo ten presenza estratéxica, incorporándose a grupos de traballo que, pese a brevidade da estancia, sempre deixan fluxos de coñecemento compartido, ideas e contactos enredados en algo máis ca unhas vacacións solidarias.

Décimo aniversario das Vacacións con Traballo no 2015.

Vacacións con Traballo cumpre 10 edicións durante o 2015 servindo coma un dos fíos condutores do Plan anual 2015 do Fondo Galego, na procura de poñer en valor as capacidades específicas da cooperación internacional municipal.

Os intercambios de coñecemento, o know how dos municipios, son unha das ferramentas máis potentes e específicas do municipalismo que coopera ao longo do planeta e que apoia procesos de descentralización política e administrativa, tanto para aumentar a produtividade das accións de cooperación coma os vínculos de amizade e coñecemento entre países e concellos.

Na Liñas Estratéxicas do Fondo 2011-2015 identificouse a necesidade dunha maior implicación e participación das persoas traballadoras nas entidades socias na vida do Fondo Galego, acompañando así as tendencias da cooperación municipal mundial. Cómpre destacar así que o 2º encontro das VcT da continuidade e aprende do grupo de discusión realizado no 1º encontro na illa de San Simón, en setembro de 2012 (anéxanse as transcricións completas do grupo de discusión/entrevista colectiva).

Obxectivos do 2º Encontro.

1-  Como mellorar Vacacións con Traballo? (Utilidade de dobre dirección/Visibilidade e participación/O papel das persoas participantes a volta/Formatos 2.0?)

2-  Que podemos achegar desde  os Concellos e Deputacións as experiencias en terreo das persoas participantes, especificamente a Cabo Verde, Nicaragua e Cuba?

3- Como implicar (e informar) mellor ao persoal das entidades socias no traballo diario do Fondo Galego nos Concellos e Deputacións?

 

Proposta de formato

O encontro realizarase no Centro social Pontevedra Sur, dando comezo ás 11:00 cun café de presentación, no que posiblemente participen autoridades locais do Concello de Pontevedra para dar a benvida aos participantes ao ser a primeira actividade pública do Fondo Galego trala chegada ao Concello de Pontevedra.

Con posterioridade establécense tres posibles turnos en función do horario proposto.

12:00-14:00 (Obxectivos 1 e 2)

14:15-16:15 (Comida colectiva)

16:30-18:30 (Obxectivo 3/Potencialmente conectado tamén ao Obxectivo 1 e 2 do encontro)

• Participantes VcT 2006-2014

Edición Persoa Funcións Entidade representada País de destino Parceiro
2006 Ricardo Pérez Arquitecto Culleredo Cabo Verde Cámaras de Ribeira Grande e Paúl
2006 Inés Peleteiro Coordinadora Área Xestión Ambiental Consorcio das Mariñas Cabo Verde Cámara de Paúl
2006 María López Avendaño Educadora social Neda Nicaragua INPRHU
2006 David Saavedra Pino Técnico servizos sociais Noia Nicaragua INPRHU
2007 Mar Barreiro Técnica de servizos sociais Oleiros Perú Tierra de Niñ@s
2007 Rosario Romero Técnica de servizos sociais Vigo Nicaragua INPRHU
2007 Álvaro Trillo Técnico de infraestruturas e obras Coruña, A (Deputación) Cabo Verde Cámara de São Miguel
2008 Susana Maceiras Pérez Asesora departamento Benestar, Xuvent. E Igualdade Lugo (Deputación) Nicaragua INPRHU
2008 Mª Jesús Gutiérrez Candame Técnica de servizos sociais Coruña, A Perú Tierra de Niñ@s
2008 Inmaculada Diego Covelo Técnica en Inmigración e Benestar Nigrán Cabo Verde ICIEG
2009 Jorge Duarte Arquitecto Pontecesures Cuba Oficina del Conservador
2009 Rosa Lage Canoura Axente de emprego e desenvolvemento local Xove Cabo Verde Cámara de Brava
2009 Marta Richarte Carballo Técnica benestar social Cangas Perú Tierra de niñ@s
2009 Sara Pérez Técnica de benestar social Lugo (Deputación) Nicaragua INPRHU
2010 Patricia Varela Weber Arquitecta Verín Cuba Oficina del Conservador
2010 Gonzalo Alonso Álvarez Interventor Ourense Cabo Verde Cámara de São Filipe
2010 Carolina Iglesias Psicóloga Centro Información á Muller Nigrán Perú Municipalidad Atavillos Alto
2010 Crsitina Moreiras Mosquera Técnica de medioambiente Ourense Cabo Verde Cámara de São Filipe
2010 Brais García Fernández Técnico xestión adva. Museo provincial Lugo (Deputación) Nicaragua INPRHU
2011 Joaquín Lede Director de proxectos europeos Dep. de Pontecedra Cabo Verde Cámara de Porto Novo
2011 Diego Calviño Técnico de turismo Castrelo do Miño Nicaragua INPRHU
2011 María José Pérez Arquitecta Dep. de Pontevedra Cabo Verde Cámara de Paul
2012 Cristina Santos Técnica en igualdade de xénero Malpica Cabo Verde Cámara de Paul
2012 Cristina Vázquez Arquitecta Soutomaior Cabo Verde Cámara de Ribeira Grande (Santo Antao)
2012 Lucía González Técnica admon (dep.turismo) Ourense Nicaragua INPRHU
2012 Sara Besada Arquitecta Vilagarcía de Arousa Cuba Oficina del Conservador
2013 María Jesús Olivares Técnica de igualdade Ferrol Cabo Verde Cámara municipal de Porto Novo
2013 Emilio Cuiñas Técnico de turismo Ourense Nicaragua INPRHU
2014 Emma Teixeira Igualdade de xénero/Laboral Pontevedra Cabo Verde Cámara municipal de Ribeira Grande/Cooperativa Sulada
2014 Estela Iglesias Comunicación/Turismo Allariz Nicaragua INPRHU

*Marcadas en negrita as persoas que confirmaron a súa participación, en cursiva as que dependen de situacións de última hora e sen marcas as que confirmaron que non ou aínda non deron resposta.

*Cómpre finalmente sinalar que foron convidadas a participar coma “espectadores” as persoas participantes na edición de 2015 (que realizarán as súas viaxes entre setembro e novembro deste ano) entendendo que pode ser de utilidade para as súas viaxes, e facendo especial fincapé na posible participación no turno de tarde.

*De interese: Os blog das experiencias das persoas participantes; http://vacacionscontraballo.wordpress.com