Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xullo  
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro-  Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Ben Empregado 2.- PROGRAMA DE FOMENTO DE EMPREGO.

PROGRAMA DE FOMENTO DE EMPREGO E A ECONOMIA DOS SECTORES ESTRATÉXICOS DA PROVINCIA DE LUGO

SUBVENCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DURANTE 12 MESES DE PERSOAS DESEMPREGADAS.- PUBLICACIÓN BOP:31/03/2015 -- PRAZO DE PRESENTACIÓN:01/04/2015- 15/04/2015

¿A QUEN VAI DIRIXIDO? .-Ás pequenas empresas e microempresas , calquera que sexa a súa forma xurídica, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís, así como asociacións, federacións, fundacións, e outras entidades sen ánimo de lucro que reúnan os seguintes requisitos.

    • Dispoñer de capacidade e solvencia técnica.
    • Estar inscritas no rexistro público correspondente.
    • Dispor dos medios técnicos necesarios para que o traballador desempeñe ás súas tarefas.
    • Contar cun centro de produción ou que realicen a prestación de servizos na provincia de Lugo. Para o caso de entidades que dispoñan de máis dunha sede, só será beneficiaria aquela situada no ámbito provincial de Lugo quedando automaticamente excluída calquera outra.
    • Atoparse en actividades encadradas dentro do sectores estratéxicos definidos no Plan Estratéxico da Deputación provincia de Lugo publicado na páxina web www.deputacionlugo.org
    • Non ter realizado despedimentos cualificados como improcedentes ou nulos de traballadores nos seis meses anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
    • Estar relacionada a súa actividade cos perfís de traballadores solicitados.
    • Dispoñer de persoal cualificado que se encargue de exercer as funcións de coordinador e interlocutor coa Deputación de Lugo.

PULSA PARA ACCEDER A PAXINA DA DIPUTACION DE LUGO

Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas aquelas recollidas no artigo 3 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, modificada pola lei 27/2013 de 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade das administración local as administracións públicas.
Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as pequenas empresas e microempresas (segundo a definición recollida na Recomendación 2003/361 da U.E), calquera que sexa a súa forma xurídica, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís que xa obtiveran dita condición no programa de fomento de emprego e da economía da provincia de Lugo, BEN EMPREGADO.
Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

  • Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
  • Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
  • Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
  • Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
  • Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
  • Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
  • Non estar ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
  • Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.
  • Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, publicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.
  • En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non recaia resolución xudicial firme en cuxa virtude se poida practicar a inscrición no correspondente rexistro.

¿QUÉ GASTOS SON SUBVENCIONABLES?

O número máximo de traballadores a solicitar por parte das pequenas empresas e microempresas (segundo a definición recollida na Recomendación 2003/361 da U.E), calquera que sexa a súa forma xurídica, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís será de 1. Para o caso de asociacións, federacións, fundacións, e outras entidades sen ánimo de lucro será de 2.
Custos salariais imputables para os traballadores contratados durante 12 MESES, considerándose gastos subvencionables os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social segundo o convenio colectivo, por cada persoa traballadora desempregada contratada
As entidades deberán asinar co/s traballador/es un contrato inicial en calquera modalidade prevista legalmente, por un período mínimo de 12 meses. Para todos os efectos este contrato rexerase polo lexislación laboral vixente.
Non terán a consideración de conceptos subvencionables:

  • As horas extraordinarias, así como os incentivos, produtividade, primas ou gratificacións voluntarias ou calquera outra indemnización non prevista na lexislación laboral.
  • A Indemnización prevista no artigo 49.1º c) do Estatuto dos Traballadores.
  • Os incrementos salariais.
  • A roupa de traballo.

¿CAL E CONTÍA MÁXIMA DA AXUDA?

A contía máxima por contratación subvencionada que se concederá poderá ser, atendendo os grupos de cotización :

  • GRUPO 1 e 2:, Encadrarían enxeñeiros, licenciados, persoal de alta dirección non incluído no artigo 1.3.c do estatuto de traballadores, enxeñeiros técnicos, peritos e axudantes titulados. A cantidade máxima subvencionable para os contratos realizados con este grupo de cotización é de:22.000 euros.
  • GRUPO 3, 4, 5, 6 e 7: Xefes administrativos e de taller, axudantes non titulados, oficiais non administrativos, subalternos e auxiliares administrativos. A cantidade máxima subvencionable para os contratos realizados con este grupo de cotización é de:20.000 euros.
  • GRUPO 8, 9, 10 e 11: Oficiais de primeira e segunda, oficiais de terceira e especialistas , peóns e traballadores menores de 18 anos calquera que sexa a súa categoría profesional. A cantidade máxima subvencionable para os contratos realizados con este grupo de cotización é de:18.000 euros.

A contía da subvención axustarase proporcionalmente en función da xornada realizada, segundo os gastos reais de seguridade social, tipoloxía dos contratos e duración da xornada.Calquera gasto que exceda da contía da subvenciónconcedida será asumido pola entidade beneficiaria.

¿CAL É PROCEDEMENTO?

O procedemento de selección das entidades beneficiarias e a distribución das subvencións entre estas será o de concorrencia competitiva, mediante comisión de valoración.
O número máximo de traballadores a solicitar por parte das pequenas empresas e microempresas (segundo a definición recollida na Recomendación 2003/361 da U.E), calquera que sexa a súa forma xurídica, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís será de 1. Para o caso de asociacións, federacións, fundacións, e outras entidades sen ánimo de lucro será de 2.
A proposta de resolución indicará a puntuación total por orde decrecente e con lista de reserva. Ademais establecerá unha relación das titulacións solicitadas polas entidades beneficiarias seleccionadas determinando os perfís a convocar dentro da fase 2.

¿CALES SON OS CRITERIOS DE VALORACIÓN DAS SOLICITUDES?

  • Calidade da Memoria-proxecto e adecuación ao obxecto deste programa. Esta debe conter o detalle do perfil do traballador, pero en ningún caso farase referencia a criterios relativos á idade ou o sexo (Puntuación máxima 25 puntos. Establecerase 4 graos de calificación atendendo ó contido e a calidade, MB 25 puntos, B 20 puntos, R 10 puntos,S 5 puntos)
  • Entidades atendendo o cadro de persoal.(Puntuación máxima 10 puntos)
    • 0-5 traballadores (10 puntos)
    • 6-10 traballadores (5 puntos)
    • +10 traballadores (3 puntos)
  • Entidades con domicilio fiscal en calquera concello da provincia (Puntuación máxima 10 puntos):
  • Menor ou igual a 2000 habitantes. ( 10 puntos)
  • Dende 2001 a 4000 habitantes. ( 5 puntos)
  • Dende 4001 a 5000 habitantes. ( 3 puntos)
  • Implementación de melloras no sistema produtivo (Puntuación máxima 10 puntos):
  • Aplicación do Networking. ( 4 puntos)
  • Emprego de medidas medioambientais . ( 3 puntos)
  • Converxencia ao mercado actual . ( 3 puntos)
  • Dinamización territorial (Puntuación máxima 10 puntos):
  • Fomento do consumo de proximidade. ( 4 puntos)
  • Aplicación do traballo en redes. ( 3 puntos)
  • Execución do E-commerce( 3 puntos)

Total máximo de puntuación obtida na suma de tódolos items será 65 puntos.

¿CALES SON OS DEREITOS E OBRIGAS DAS ENTIDADES BENEFICIARIAS?

As entidade beneficiarias deberán cumprir, principalmente, as seguintes obrigas:

  • Aceptar o/s traballador/es asignado/s pola Deputación e manter no seu cadro de persoal ás persoas traballadoras durante o período de 12 meses de duración do contrato subvencionado.
  • Facilitarlle ó contratado os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas tarefas.
  • Cumprir coa normativa laboral, de afiliación e cotización á seguridade social e de prevención de riscos laborais e de seguridade e saúde no traballo que se encontre vixente durante a execución do traballo así como a lexislación de datos de carácter persoal así como satisfacer, as obrigas económicas de carácter salarial e tributario en prazo ordinario independentemente do momento do pago da subvención.
  • Entregar á Deputación de Lugo toda a documentación requirida nas presentes bases.
  • Empregar a subvención outorgada para o mesmo fin para o que foi concedida, axustándose os termos do plan.
  • Someterse ás actuacións de comprobación e control que poida efectuar a Deputación de Lugo.
  • Comunicar calquera modificación que afecte á solicitude inicial realizada.
  • Comunicar, tan pronto como se coñeza, a obtención de subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de outras administracións e entidades públicas ou privadas, nacionais ou internacionais.
  • Asumir os custes non subvencionables.
  • Dilixenciar os xustificantes de gastos (nóminas) co texto “Subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo”.
  • Conservar os documentos xustificativos da aplicación da subvención recibida, incluídos os documentos electrónicos, que podan ser obxecto das actuacións de comprobación e control durante o período establecido, en cada caso, pola lexislación vixente sobre a materia
  • Dar o seu consentimento ao tratamento de datos de carácter persoal e a súa publicación de acordo co previsto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
  • A entidade beneficiaria queda suxeita ao réxime de obrigas e responsabilidades previsto na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

¿CAL E O PROCEDEMENTO PAGAMENTO?

O aboamento da subvención farase efectivo unha vez cumprido o obxecto para o que foi concedida.

  • Anticipo do 50% do importe da subvención concedida no momento da xustificación da alta do traballador na modalidade de contrato establecida na solicitude.
  • Durante o quinto mes de alta do traballador realizarase un control e verificación por parte da Deputación de Lugo a entidade beneficiaria, de non existir razóns en contra, a Deputación aboará un anticipo do 45% restante do importe da subvención concedida.

No prazo máximo de dous meses contados dende a data prevista para o remate do período subvencionado debe presentar ante a Deputación de Lugo a conta xustificativa dos oito meses restantes e unha vez aprobada aboarase, se é o caso , o 5% restante da subvención concedida. 

FASE 2- FASE DE SELECCIÓN DOS TRABALLADORES DESEMPREGADO

¿A QUEN VAI DIRIXIDO?

Desempregados ,calquera que sexa súa idade , que estén empadroados na provincia de Lugo.

¿CÓMO SERÁ A SELECCIÓN DOS TRABALLADORES DESEMPREGADOS?

Unha vez resolta a selección das entidades beneficiarias na primeira fase e á vista dos perfís propostos a Deputación de Lugo realizará unha convocatoria pública aprobada pola Xunta de Goberno,que rexerá as condicións para a selección dos traballadores desempregados inscritos na provincia de Lugo.
Deste segundo procedemento se obterá unha listaxe dos traballadores por perfil, orde decrecente e lista de reserva.
Rematado este proceso a Deputación de Lugo realizará a asignación dos traballadores ás entidades beneficiarias, tendo estas que realizar a contratación dos mesmos mediante a modalidade contractual e pola xornada laboral establecida na solicitude de axuda, nos cinco días seguintes á comunicación por escrito de tal circunstancia.


A concesión e gozo destas axudas non suporá, en ningún caso, relación contractual ou laboral coa Deputación de Lugo.

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo