A Deputación impulsa BEN EMPREGADO II FASE

A Deputación impulsa BEN EMPREGADO II FASE: Os postos dispoñibles están publicados no BOP da Provincia do día 21 de febreiro de 2015 polo que se tes interese en anotarte, podes pasarte polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local - Concello de Xove.

BENEFICIARIOS: Para poder ser beneficiario destas bases estableceranse uns requisitos xenéricos para todos os postos , que serán os seguintes.

a. Desempregados da provincia de Lugo maiores de 16 anos.

b. Empadroados en calquera municipio da provincia de Lugo e ou/inscritos na correspondente oficina de emprego. Quedan excluídos os que se atopen en Situación de Mellora de Emprego.

c. Capacitación ou titulación requirida para o posto de traballo solicitado.Ademais cada posto de traballo establecerá os seus requisitos específicos.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. ATA O 3 DE MARZO DE 2015   Para poder ser beneficiario das axudas reguladas nesta convocatoria deberá presentarse unha solicitude axustada aos modelos normalizados que figuran como anexos destas Bases e que se porán a disposición dos interesados na páxina web institucional da Deputación de Lugo (www.deputacionlugo.gal).

Para tal efecto e co fin de determinar a data de presentación, deberá figurar no modelo oficial de solicitude o selo de entrada da oficina de rexistro correspondente.Non se admitirá máis dunha solicitude por candidato, aínda que na mesma solicitude poderase optar a dous perfís por orde de preferencia, segundo modelo normalizado.O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais (10) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na paxina web e taboleiro de anuncios da Deputación Provincial de Lugo. Se o último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.Non axustarse aos termos desta convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 dexuño, de subvencións de Galicia.

A solicitude (Anexo I) poderá presentarse na oficina do Rexistro Xeral da Deputaciónde Lugo (Rúa san Marcos, 8 27001 Lugo) ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

BASE 4. DOCUMENTACIÓN:Xunto co formulario de solicitude (Anexo I) deberá anexarse en papel a seguinte documentación:

• DNI.

• Tarxeta de demanda de emprego, no caso de desempregado inscrito comodemandante de emprego na provincia de Lugo, e ou certificado deempadroamento.

• Currículo Vitae actualizado.

• Vida laboral.

• Certificado de empresa de prestación de servizo.

• Titulo académico esixido.

• Orixinal ou copia cotexada dos méritos presentados na solicitude.