Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xullo  
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro-  Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

EXPOSICIÓN “Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade”

A exposición está formada por 20 paneis a toda cor, con algunhas das fotografías máis significativas de Rober Amado, gañador da primeira edición do concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’, na súa viaxe a Cabo Verde. Os paneis son acompañados por 4 rollers informativos sobre as accións de cooperación do Fondo Galego en Cabo Verde.

Rober Amado, coma gañador de Imaxes con Fondo 2012, emprendeu en outubro de 2013 unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen Cabo Verde, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego nos 11 anos de cooperación coa Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde. 

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sorprendeu no ano 2012 cunha actividade de sensibilización novidosa e aberta á cidadanía galega a partir de 12 anos de idade, a primeira edición do concurso fotográfico ‘Imaxes con Fondo’. O concurso, aberto desde o 15 de abril ata o 15 de novembro de 2012, sumou un total de 47 participantes.

 LUGAR: Sala de Exposicións do Centro Cívico de Xove .- DATAS: Desde o 14 ao 30 de novembro.- HORARIO: De luns a domingo, das 18:00 ás 21:00 horas

O primeiro resultado do concurso foi a exposición que leva o mesmo nome, ‘Imaxes con Fondo’, deseñada polo coñecido debuxante Pepe Carreiro, e que está conformada pola compilación das 19 obras máis significativas entre as presentadas.

O segundo resultado foi a viaxe de case un mes a Cabo Verde por parte de Roberto Amado en outubro de 2013, como premio por gañar o concurso na súa categoría.

Rober Amado foi nado en Ferrol en 1985. É Licenciado en Psicoloxía e fixo un Máster en Cooperación Internacional e outro en Reporteirismo. É fotógrafo e redactor multidisciplinar, tendo colaborado con diversos medios estatais como El País,  La Vanguardia, La Voz de Galicia, El Temps ou Periodismo Humano. Un ano despois de gañar Imaxs con Fondo, no 2013 gañou o premio TIFLOS da ONCE na categoría ‘xornalismo dixital’. Rober Amado emprendeu unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen o arquipélago caboverdiano, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego durante os 11 anos de cooperación con Cabo Verde. As súas instantáneas mesturan viaxes da vida diaria das persoas que se viron beneficiadas polos proxectos apoiados polo Fondo Galego, que no seu conxunto nos achegan á realidade do país.  Esta Exposición conta coa colaboración do Concello de Xove, máis concretamente co Departamento de Emprego, xa que en Xove está coordinada pola AEDL Rosa Lage.   Tfno. de contacto de Rosa Lage: 982 59 20 01 – Ext: 246.

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo