Obradoiro de Teatro en Xove

obradoiroteatro2014Lite

 O vindeiro luns, 29 de setembro, ábrese o prazo para inscribirse no OBRADOIRO DE TEATRO “EN GALEGO NON SEXISTA” DE XOVE, estando aberto ata o 6 de outubro incluído. A inscrición hai que realizala no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local en horario normal de oficina. As prazas son limitadas, polo que a inscrición hai que realizala canto antes se non se quer quedar fóra.

Este obradoiro, organizado polo Concello de Xove e subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, está dirixido a rapaces/as  entre os 8 e os 16 anos de idade.  O mesmo vai desenvolverse no Salón de Actos do Centro Cívico o sábado 11 e o domingo 12 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 h e das 16:00 ás 20:00 h.  e para rematar, o domingo 12 de outubro, arredor das 19:00 h. abriranse as portas do Salón de Actos ao público co fin de que os participantes poidan mostrar o aprendido no obradoiro.

Aquelas persoas que teñen interese e precisen dunha maior información, poden chamar ao teléfono do Concello 982592001, onde dende o Departamento de Emprego e Desenvolvemento lles facilitarán tódolos datos  sobre o mesmo.

 obradoiroteatro2014