Entrega de diplomas en Xove 2014

Hoxe, ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello, tivo lugar a entrega de Diplomas do curso de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS EN DOMICILIOS. Esta entrega estivo presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola AEDL Rosa Lage como coordinadora de Formación para o Emprego.

No curso de Atención Sociosanitaria  participaron 14 alumnas, das que 8 xa están  traballando ou a piques de comezar a súa andaina laboral neste eido. 

En canto ao propio Curso, desenvolveuse na Aula de Formación do Concello de Xove, realizándose as prácticas nas empresa Coidados SL., Servicios Sociais San Roque e Asisolin. Como complemento á formación académica, as alumnas tamén tiveron a oportunidade de realizar numerosas actividades paralelas. En total desenvolveron unhas 620 horas, das cales 480 pódense considerar docentes e o resto de prácticas.

Ademáis da entrega de Diplomas, no acto de hoxe fíxose a xestión dos correspondentes CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE, xa que o cursos  é homologable directamente con estes certificados.