Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE - 2026   

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 17 de FEBREIRO de 2026 (MARTES DE CARNAVAL)

---> 31 de AGOSTO de 2026 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

vehiculos

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xuño   (datas aproximadas)
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro- (datas aproximadas) Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Programación actividades de ocio e tempo libre outono 25-26

obradoiros cara

 

obradoiros cruz

 A inscrición empeza o martes 16 de setembro e pode facerse presencialmente na OMIX por rexistro ou a través da sede electrónica do concello.

 SOLICITUDE-->  Solictude Obradoiros 2025-2026 OMIX

SEDE ELECTRÓNICA-  ->   https://xove.sedelectronica.gal/catalog/tw/4ae774e8-545a-4e7c-9617-543ca5e7c446

Actividades Mañás Activas e entrega de diplomas 2025

Desde o 1 de xullo e ata o 29 de agosto un grupo de 55 rapaces e rapazas, de idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos, participaron de luns a venres dunha variada axenda de actividades de lecer dentro do  proxecto de voluntariado xuvenil  “Mañás Activas”.

Durante estes dous meses de verán a rapazada gozou de obradoiros temáticos de manualidades, xogos de grupo, xogos multideporte,  dun taller de robótica educativa, do campamento dixital da Fundación  Cibervoluntarios  e ata dunha excursión ao Urban Planet de Oleiros con parada na Praia do Lago de As Pontes onde o grupo gozou dun día inolvidable. Este programa completouse coas actividades deportivas ao aire libre monitorizadas por “Roq Sport” e alguna que outra visita á praia.

A programación das “Mañás Activas” foi coordinada polo persoal técnico da OMIX e as monitoras Samara Martínez Cordido e Alba Rodríguez Tapia xunto co grupo de voluntariado formado nesta edición por Carla Míguez Méndez, Eva Dean Durán, Daniel Felipe Garnica Díaz, Ángela Cristina Blanco Laza e Eduardo Flores Escobar.

1756484217984

O día 29 de agosto, o Alcalde Demetrio Salgueiro Rapa xunto coa Concelleira de Deportes e Xuventude Cristina Iglesias Guerreiro, acompañaron ás nenas e nenos na festa de remate, poñendo en valor a participación da mocidade neste proxecto fixeron entrega dun agasallo ao equipo voluntario e ás monitoras como recoñecemento a súa colaboración e bo traballo.

Estas actividades están organizadas pola Concellerías de Xuventude, Deportes e a Oficina de Información Xuvenil dentro do programa de  voluntariado xuvenil como oferta de conciliación e lecer no  verán.

 

Campamento en Morás 2025

Durante os días 4, 5 e 6 de agosto un grupo de 33 nenas e nenos, de idades comprendidas entre 9 e 16 anos, gozan duns días de campamento en Morás. Esta actividade está encadrada dentro de Xuventude no Programa de Verán do Concello de Xove.
Nestes tres días, dende a saída o luns ás 11:00 ata o regreso o mércores ás 20:00 horas, teñen un plan intenso e variado de actividades en contacto estreito coa natureza que comprende desde a montaxe e a desmontaxe do campamento, surf na praia de Esteiro, kaiaks, xogos acuáticos, festa da escuma, xincana e moitos xogos máis para o máximo goce da rapazada participante.
Esta actividade está organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil.

IMG-20250805-WA0026

AQUAPARK CERCEDA 2025

O sábado, día 2 de agosto, ás 9:30 horas, 34 mozas e mozos de Xove de entre 12 e 18 anos, desprazáronse ó Aquapark de Cerceda acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns que ofrece este parque acuático.
Esta viaxe está organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán Xove 2025” .

IMG 20250802 113731

Actividades verán OMIX 2025

Xa deron comezo as actividades de verán no Concello de Xove, organizadas polos Departamentos de Deporte, Xuventude e a Oficina de Información Xuvenil, cun alto grao de participación.

Nesta edición “Mañás Activas” conta con 56 participantes dende o día 1 de xullo ata o vindeiro 29 de agosto para a rapazada a partir de 10 anos.

Dentro da súa programación teñen robótica educativa, campamento dixital, multideporte e saídas a Roq Sport para gozar de actividades ao aire libre. Así como, unha viaxe a Oleiros o día 13 de agosto para gozar dunha mañá nas instalacións de Urban Planet. Tamén visitarán o Karting de Arifran o día 9 de xullo.

O programa de verán conta tamén con actividades deportivas para variado rango de idades como son full body, ximnasia para maiores, pilates, curso de pádel e multideporte.

Dentro da programación de Xuventude hai un campamento de tres días en Morás, unha excursión ao Urban Planet, unha visita ao Karting de Arifran e unha viaxe ao Aquapark de Cerceda. Completan a variada oferta de actividades de xuventude as monitorizadas por Roq Sport: parque de aventura, paintball e sup e big sup.

O Concello de Xove tamén oferta actividades para gozar en familia, os “Domingos a Remollo” na praia de Lago os días 6, 13, 20 de xullo e 3, 10 de agosto.

1000036876

 

1720610340055

Programa de verán 2025 OMIX

DIPTICO VERÁN 2025 page-0001

 

Leer más:Programa de verán 2025 OMIX

Mañás Activas 2025

Aberto o prazo de inscrición para o programa Mañás Activas ata o 14 de xuño.

A inscrición para este programa pode facerse de forma telemática pola sede electrónica do Concello de Xove ou de forma presencial na OMIX.

 

CARTEL MAÑÁS ACTIVAS

 

 

Xove Concilia Verán 2025

  Aberto o prazo de inscrición no programa Xove Concilia Verán ata o 7 de xuño na OMIX.

Cartel Xove Concilia Verán 2025
 

Día da educación física na rúa 2025

Onte, 10 de abril, celebrouse no noso Concello o Día da Educación Física na Rúa.Arredor de 500 alumnas e alumnos de diferentes centros educativos da Mariña fixeron un
tramo da Xove Costa Trail, dende Vilachá ata a praia de Esteiro, onde posteriormente realizaron diferentes actividades e xogos. Esta conmemoración foi organizada conxuntamente polo Concello de Xove a través do seu Departamento de Deporte e Xuventude, o Seminario de docentes de Educacíon Física da Mariña dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia e tamén contou coa colaboración dos organizadores da XCT. 

Todos os participantes tamén puideron degustar produtos do mar coas foodtrucks Galicia sabe a Mar da Consellería do Mar.

 

YoConecto: Iniciación ao mundo dixital.- AMPLIACIÓN PLAZO

TALLER: YoConecto: Iniciación ao mundo dixital con Concello de Xove

INSCRICIÓN CHAMANDO AO 982571816                        AMPLIACIÓN DE PLAZO    

YoConecto son cursos adaptados a todos os niveis, que permitirán ás persoas participantes aprender a navegar de forma segura por Internet, realizar xestións coa Administración electrónica e a banca dixital. Ademais, poderán utilizar redes sociais e ferramentas dixitais de maneira creativa e segura, comunicarse por videollamada e descubrir plataformas e apps para a aprendizaxe, o lecer e a saúde. Tamén aprenderán a impulsar o seu negocio en contornas dixitais e a crear o seu currículo dixital. Todo o que necesitan para avanzar na internet.

Estas actuacións forman parte da iniciativa Xeración D impulsada por Red.es, Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, e están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation da Unión Europea.

Video do Programa: https://www.youtube.com/watch?v=7ZfyBYv6VmY

YOCONECTO CARTEL-ENTIDADES MAYORES-AMPLIACIÓN-PRAZO

 

 

Entrega de diplomas de Informática 2025

Onte, día 24 de xaneiro do 2025, o Alcalde Demetrio Salgueiro Rapa e a Concelleira de Servizos Sociais María Tamara Soto López, procederon a entrega de diplomas do curso de informática de adultos, que se levou a cabo no Centro Xuvenil dende o 5 de novembro do 2024 ata o 23 de xaneiro do 2025 para persoas de idades comprendidas entre 40 e 80 anos.

curso informática 1

Neste curso, impartíronse os seguintes temas:

  • Sistema operativo básico
  • Libreoficce Write y OpenofficeCal
  • Internet
  • Google Maps
  • Integración ordenador móbil e Servizos na nube
  • Correo electrónico e Seguridade informática      

 

Actividades Mañás Activas por Nadal

O venres día 3 de xaneiro remataron as actividades do programa Mañás Activas por Nadal, organizado pola Concellería de Xuventude, cunha animada festa con música, xincana de probas e merenda.

Desde o 23 de decembro ata o día de hoxe dentro deste programa ofrecéronse unha gran variedade de actividades de lecer para a rapazada a partir de 5º de primaria cun obradoiro de personalización de estoxos e pulseiras, un taller de cociña creativa, un obradoiro tecnolóxico e un obradoiro artístico que fixeron gozar aos participantes durante as mañás das vacacións de nadal en horario de 10:30 a 13:30 horas nas instalacións do Centro Xuvenil.
Deste xeito, xunto co programa “Xove Concilia Nadal”, atendéronse arredor de medio centenar de participantes dando cobertura á demanda das familias do noso Concello para así poder conciliar a vida laboral e familiar.

FOTO PRddENSA

 

 

Obradoiros OMIX 2024-2025

mércores día 18 abre o prazo e remata o día 26. Inscricións na OMIX.

 diptico exterior programa outono inverno 24 1

diptico interior programa outono inverno 24 3

 

 

 

SOLICITUDE DE INSCRIPCIÓN

 

 

Actividades Mañás Activas e entrega de diplomas 2024

Dende o 1 de xullo e ata o 23 de agosto un grupo de 44 rapaces e rapazas, de idades comprendidas entre os 9 e os 16 anos, participaron de luns a venres dunha variada axenda de actividades de lecer que incluían, entre outras, obradoiros temáticos de manualidades, xogos de grupo, iniciación ao hockey, robótica educativa entre outras.

Tamén gozaron de actividades deportivas ao aire libre monitorizadas por “Roq Sport” e dunha excursión a A Pontenova para facer a Ruta dos Fornos. Esta variada programación dentro do proxecto de voluntariado xuvenil “Mañás Activas” foi coordinada polo persoal técnico da Oficina de Información Xuvenil xunto co grupo de voluntariado formado por: Noah Posada Duarte, Eva Louzao Casas e Xoan Campo González aos que agradecemos a súa desinteresada participación durante os meses de verán.

O día 23 de agosto, as Concelleiras Cristina Iglesias e Dolores Meitín xunto co alcalde Demetrio Salgueiro, fixeron entrega de diplomas aos participantes e ao equipo de voluntariado como recoñecemento a súa colaboración. Deste xeito, xunto co programa “Xove Concilia Verán”, que conta neste mes de agosto con 100 participantes, dase cobertura á demanda das familias do noso Concello para así poder conciliar a vida laboral e familiar.

1724420839583

Charla informativa acerca da vespa velutina na OMIX

Rapaces e rapazas que participan no programa “Mañás activas” reciben na OMIX unha charla informativa acerca da vespa velutina e de como se trampea para combatila.

CHARLA INFORMATIVA NA OMIX SOBRE A VELUTINA 19 AGOSTO 24

 

Ruta dos Fornos en a Pontenova

O mércores 14 de agosto ás 9:00 horas, un grupo de rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 9 e 16 anos, acompañados polas técnicas de xuventude Silvia Rodríguez Barreiro e Mónica López Sanjurjo xunto co grupo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Mañás Activas” desprazáronse ata A Pontenova para gozar dunha experiencia inesquecible, a Ruta dos Fornos.

Os participantes, mediante unha ruta guiada, subiron ata a Mina Consuelo, onde con moita atención escoitaron ás explicacións de Xulio sobre a historia da mina e a forma de traballar dos mineiros e da actual naturalización do seu interior pouco a pouco.

E para rematar, antes do xantar, o descenso na tiroliña subiu ao tope a adrenalina dos máis osados.

Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Xove Xuventude”.

1723646876936

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
Videos Pleno
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo