“Verán 2012 Xuventude” no Concello de Xove

Acaba de presentarse o o PROGRAMA “VERÁN 2012 XUVENTUDE” no Concello, o cal está sendo enviado a tódalas casas do Municipio, e no cal se recollen multitude de actividades que se van desenvolver os vindeiros meses. Ao frente deste Programa está a Concellería de Servizos Sociais, Xuventude, Muller e Igualdade, participando no mesmo a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), a Delegación de Xuventude e o  Laboratorio de Investigación Social do Concello.
Dentro das actividades englobadas temos a recuperación das rutas ao Santuario de San Antonio de A Rigueira. O 13 de xuño celébrase esta Romaría e póñense a disposición dos caminantes 8 rutas sinalizadas ata a capela. Cada Romeiro disporá dun carné de romaxe personalizado que lle ha servir para gañar a VENTURA (insignia de Romeiro) e a flor de San Antonio. Para unha maior información, dirixirse ao Laboratorio de Investigación Social do Concello ou no emai Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..

Amáis desta actividade, o Programa comprende moitas outras:

Xuño:

-Sábado 23.- Iº Torneo de Wii, para participantes de 12 anos en diante. Inscrición ata o 20 de xuño.

Xullo:

-“Encontros  para a saúde: Taller de Memoria”. Vaise desenvolver no mes de xullo para persoas maiores de 60 anos. Inscrición ata o 27 de xuño xunto de Angélica (Educadora Familiar). Actividade do Departamento de Educación Familiar.

-Do 2 ao 27.- Cursos de Informática para nenos/as  de idades de 6 a 12 anos. Inscrición na OMIX  do 13 ao 29 de xuño.

-Martes 3.- Paint Ball para rapaces/as de 12 a 18 anos. Inscrición do 1 ao 26 de xuño na OMIX.

-Sábad 14.- Viaxe a Cerceda, para rapaces/as de 13 a 35 anos. Inscrición ata o 8 de xullo.

-Sábado, 28 de xullo.- Paint Ball para maiores de 18 anos. Inscrición ata o 20 de xullo.

Agosto:

-Xoves 2 e venres 3.- Campamento para nenos/rapaces/as de 10 a 16 anos. Inscrición ata o 24 de xullo.

-Martes 14 de agosto.- Día da Xuventude dentro das Festas Patronais. Distintas actividades dirixidas a xóvenes entre 10 e 35 anos.

Setembro:

-Viaxe ao Kartódromo de Tapia.- Actividade para xoves de 16 a 35 anos. Mínimo de 20 persoas. Inscrición ata o 26 de agosto.