Campamento de Verán

 

Hoxe rematou a “Acampada de Verán” organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove para mozos e mozas de 10 a 16 anos.
O campamento, que tivo unha duración de dous días e participaron un total de vinte rapaces,  consistiu nunha acampada con tendas de acampada para pasar a noite,  e diversas actividades durante a tarde do venres e a mañá do sábado, entre elas tiro con arco, golf, mini quads, kayaks, xogos na auga e na area, algunha delas organizadas na praia de Lago.