Campionato de Ping - Pong do Concello de Xove
pinpon2Esta tarde celebrouse o  Campionato de Ping Pong organizado pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove.
Un total de 17 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 10 e 17 anos participaron neste torneo.
Os premios, xogos de ping pong portátil, foron entregados polo Alcalde Demetrio Salgueiro e pola Concelleira de Xuventude, Ana Abad.