KARTS A PEDALES ROQ SPORT 2021

Hoxe, 12 de agosto, seguindo coas actividades de verán tocou karts a pedales. Un grupo 20 rapaces e rapazas de Xove, de idades comprendidas entre os 10 e 14 anos, desprazáronse ás instalacións de Roq Sport no Monte San Roque de Viveiro acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro xunto co equipo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”, para gozar dunha xornada en plena natureza onde non faltaron a competición, as risas e o compañeirismo.

Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán”

Karts 2 640x481