ESCALADA CON ROQ SPORT 2021

Hoxe día 5 de agosto fomos facer escalada. Ás 10:30 horas, 20 rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos desprazáronse ao rocódromo do pavillón municipal de Viveiro acompañados polas técnicas de xuventude Silvia Rodríguez Barreiro e Mónica López Sanjurjo xunto co grupo de voluntariado xuvenil que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”.

Esta viaxe está organizada pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove dentro do programa de actividades do verán “Conect@ Verán ”.

fffff