PARQUE DE AVENTURA 2021

Hoxe, día 8 de xullo, ás 10:30 horas, 23 rapaces e rapazas de Xove de idades comprendidas entre os 10 e 16 anos desprazáronse ao monte San Roque de Viveiro ás instalacións de Roq Park acompañados polas técnicas de xuventude Silvia Rodríguez Barreiro e Mónica López Sanjurjo xunto co grupo de voluntariado que participa no programa “Conect@ co Voluntariado”, para gozar dunha tarde ao aire libre en plena natureza nos catro circuítos entre árbores, tirolinas e demais actividades que ofrece este parque multiaventura.

Esta viaxe está organizada pola   Oficina de Información   Xuvenil   do   Concello   de   Xove   dentro    do   programa   de actividades do verán “Conect@ Verán ”.-