Slider
C/ Camiño Real S/N 27870 Xove (Lugo) / R.E.L. 01270253
CIF:P-2702500F Teléfono: 982592001 concello@xove.es
Administración Local
Urbanismo
Deporte
Turismo Xove
Emprego
Servizos Sociais
Delegación Agricultura

Tempo
Calendario.Lab.
C.Fiscal
Teléfonos
Horario

Tempo

El tiempo - Tutiempo.net

Calendario.Lab.

 

CALENDARIO LABORAL NO TERMO MUNICIPAL DE XOVE 2024

As festas locais en todo o Termo Municipal de Xove  son as seguintes:

---> 13 de xuño de 2024 (San Antón)

---> 2 de setembro de 2024 (Festa Patronal  San Bartolomé de Xove)

C.Fiscal

CALENDARIO DE PAGO DE TRIBUTOS  

CERTI TRANS2

25 * CON CERTIFICADO DIXITAL DENDE O PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DO SERVIZO PROVINCIAL DE RECADACIÓN  PÓDESE XESTIONAR OS RECIBOS, PAGOS E CAMBIOS DE DOMICILIACIÓN BANCARIA
PORTAL DO CONTRIBUÍNTE DA DIPUTACIÓN PROVINCIAL

  • Imposto Municipal de Vehículos :   Entre o 15 de abril  e o  15 de xullo  
urbanismo
  • I.B.I.: Rustica e Urbana /IAE:  ---15 de setembro a 15 de novembro-  Os recibos domiciliados cargaránse na súa conta en novembro, os que non están domiciliados enviánse ó domicilio do titular. No caso de que a primeiros de novembro non recibira no seu domicilio este recibo, non ten máis que solicitalo nas oficinas do Concello para poder efectuar o abono en ABANCA (Caixa Galicia). 

Se non ten domiciliado o pago ós recibos, estos  enviánse  DENDE O SERVIZO PROVINCIAL DE RECAUDACIÓN DE LUGO (Telefono 982 242728) por correo ordinario ao principio do cobro, tendo en conta que a non recepción destos documentos non exime do seu pago. En caso de non recibir os recibos de vehículos ou de IBI, tamén poderá solicitalos no Concello (982-592001) Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla..-  

Teléfonos

galaxyOficina de Turismo: Avda. Diputación, s/n, 27870 Xove  Tlf: 982592632

Cuartel Guardia Civil: C/Acceso cuartel, 27870 Xove  Tlf: 982592053

Centro de Saúde: C/ Acceso cuartel, 27870 Xove Tlf: 982592424

Farmacia: C/ Camiño Real, nº 8, 27870 Xove  Tlf: 982592057

Oficina de Información Xuvenil: C/San Bartolo, 27870 Xove  Tlf: 982571816

Horario

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: De Luns a Venres: de 8.30 a 14:30

Convocatoria praza Auxiliar Administrativo para a OMIX

 Por Resolución de Alcaldía de data 24/09/2016, foi aprobada a convocatoria de selección e provisión dunha praza de auxiliar administrativo ( Persoal Laboral Interino ), polo sistema de concurso-oposición. Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria:

---> MODELO DE SOLICITUDE ------<---

     BASES ESPECÍFICAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL INTERINO    

PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.- As presentes bases e convocatoria teñen por obxecto regular a selección e contratación de un (1) empregado laboral interino mediante o sistema de concurso oposición, para ocupar temporalmente unha praza do subgrupo de clasificación profesional C2 que se destinará a desempeñar o posto da RPT municipal con Código Identificativo 48 “ PERSOAL XUVENTUDE”. A referida praza atopase vacante pola situación administrativa de excedencia voluntaria por interese particular por un año da titular Dona María José Alonso Galdo, extinguíndose automaticamente no mesmo momento da reincorporación ao seu posto da titular do mesmo.

O posto citado reflectido na RPT municipal co código 48, ten encomendadas as seguintes tarefas máis habituais:

    • Abrir e pechar o Centro Xuvenil, encargándose do encedido de ordenadores e luces, así como de verificar o seu apagado e o peche de postas en fiestras ao peche do Centro.
    • Prestar atención e información aos xoves que acudan ó Centro de Información Xuvenil ( becas, formación, vivenda, estudios, emprego, ocio, tempo libre, etc…)
    • Buscar e recabar información de interese para os xoves do Concello, realizando consultas por correo, revisando boletíns e diarios oficiais, buscando información na rede, etc..
    • Por ao dispor dos xoves, mediante a súa exposición nos taboleiros de anuncios do Centro, redes sociais e boletíns de correo electrónico, a información que poida ser do seu interese.
    • Velar polo correcto uso das instalacións e o comportamento dos usuarios, controlando os turnos de xogo e de uso dos ordenadores.
    • Prestar asesoramento aos usuarios no uso dos ordenadores do Centro.
    • Elaborar o Plan Anual de Actividades ( accións e eventos socioeducativos, lúdicos e de dinamización ), que incluirá tanto actividades de longa duración ( talleres de bolillos, bordado, ioga, bailes de salón, etc.. ) como temporais ( escola de pais, torneos de futbolín, cursos de informática, etc… ) e puntuais ( viaxes, actividades de verán, etc..).
    • Encargarse da planificación e organización de actividades ( contactar con docentes, reservar espazos, preparar material, etc..), da súa execución ( control de asistencia, avaliación de satisfacción, control de pagos, etc.. ), así como realizar tarefas informativas e de difusión ( carteis, dípticos informativos, etc…)
    • Informar, apoiar e acompañar na creación e desenvolvemento do tecido asociativo.
    • Tramitar as solicitudes do carné xove e do bono-bus.
    • Informar mensualmente ao Servizo de Xuventude de Lugo, sobre o número de carnés xove expedido.
    • Levar o control das existencias e necesidades de material, encargándose da compra de aqueles específicos do servizo e dando aviso ao persoal de compras para a reposición do resto.
    • Efectuar calquera outra tarefa propia da súa categoría que lle sexa encomendada e para a cal teña sido previamente instruído.

SEGUNDA.- NORMATIVA DE APLICACIÓN.- A selección rexiráse polas prescricións contidas nesta convocatoria específica e, naquelo que non se prevea, polo disposto:

Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público ( EBEP ), aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de octubro

    • A Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia.
    • A Lei 3/1983, de 15 de xuño, de normalización lingüística de Galicia.
    • A Lei 30/1984, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública.
    • Os artigos 231 e seguintes da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. A Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local.
    • Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de octubro (ET) .
    • Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril.
    • Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, aprobado por el Real decreto 364/1995, de 10 de marzo.
    • A Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
    • Lei 39/2015, do 1 de octubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. (LPACAP)

TERCEIRA.- MODALIDADE DO CONTRATO.- A modalidade do contrato é de interinidade regulada no art. 15.1.c do ET..- O carácter do contrato é en réxime de dedicación normal a tempo completo e a xornada de traballo será de 37,5 horas semanais de traballo efectivo de promedio en cómputo anual; distribuídas no horario de apertura do Centro de luns a sábado (ámbolos dous días incluídos) mañas e tardes.

CUARTA.- CONDICIONS DE ADMISIÓN DE ASPIRANTES.- Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os requisitos establecidos no EBEP e na Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia:

  • Ter a nacionalidade española ou algunha outra que, de acordo ao disposto no art. 52 da Lei 2/2015, permita ó acceso ao emprego público.
  • Estar en posesión da titulación de Graduado en ESO ou asimilado, ou estar en condicións de obtela antes do remate do prazo de presentación das solicitudes para participar no proceso selectivo que se fixará na preceptiva Convocatoria.
  • Estar en posesión do CELGA 3 ou estar en condición de obtelo antes do remate do prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo que se fixará na preceptiva Convocatoria
  • Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
  • No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público.

 

.histórico de noticias.

Novo-->XeoPortal
AVISO:No funciona en Firefox
Piscina Municipal
Información Xuvenil
Escola Infantil
Medio Ambiente
Consumo
Escola de Música
Bolos
Punto Limpo