Viaxe ó Kartódromo de Tapia 2018

Para o sábado 1 de setembro está prevista unha das últimas actividades programadas polo Concello, dentro da área de xuventude, para este verán. Trátase dunha visita ao KARTÓDROMO DE TAPIA, no cal os inscritos/as poderán participar en distintas carreiras e probas de karts. 

A inscrición a esta actividade está aberta a xoves e rapaces/as de idades entre 16 e 35 anos. Para realización desta actividade por parte do Concello, esíxese un mínimo de 20 inscritos para poder levala a cabo.