Campamento de Verán 2018

Onte, empezaron o campamento de verán con  39 nenas e nenos do Concello de Xove de entre 10 e 16 anos. Este campamento comezou as 4:30 h. da tarde e rematará as 17:00 h. do venres día 20. O mércores e xoves, a empresa IG10, encargada da coordinación do campamento, realizará distintas actividades, sendeirismo, kayak, etc.

Como novidade este ano, o venres as 11:00 h. as nenas e nenos desprazaranse ata a praia de Esteiro para iniciarse e practicar surf. A continuación haberá un obradoiro de comida saudable a cargo do cociñeiro Lucas Requeijo, para finalizar coa proba dos pratos que previamente aprenderon a cociñar.

Este campamento está encadrado dentro do programa de Xuventude do Concello de Xove