Comeza o programa “Xove Concilia Verán” 2018

Dentro do amplísimo programa de actividades programadas polo Concello para este verán, “Xove Concilia Verán“ vai ser o primeiro posto a andar. Ata o momento están inscritos 57 nenos/as de 4º de Infantil ata 4º de Primaria, número que esperamos incrementar xa que ata o 22 de xuño inda está aberta a inscrición.

Este Programa, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo 2014/2020, vai arrancar o próximo luns 25 de xuño con todo tipo de actividades; estas vanse realizar, no Salón de Actos do Centro Cívico, sempre pola mañá en horario de 9:00 a 14:00 h., non descartándose algunha saída exterior aproveitando os mellores días de bo tempo.

A posta en marcha deste Programa incide na INTEGRACIÓN DA VIDA LABORAL E ESCOLAR, aproveitando que os nenos/as que participan están en período vacacional. Concilia Xove, nace para cubrir as necesidades por parte das familias con demanda de ter un servicio do concello para conciliar a vida familiar e laboral.

As actividades van ser realizadas e dirixidas pola empresa Lucus Neda, empresa de ocio lúdicodeportivo e educativo que conta cunha ampla experiencia no eido educativo, como xa tivemos ocasión de comprobar o pasado verán 2017, xa que tamén foron eles os encargados de realizar estas mesmas actividades.

Actividades que se van a realizar dentro de “Xove Concilia Verán”:

Deberás pasar probas e Ximkanas de Habilidade

Manualidades e formas de expresarse a través do arte. Cada día fomentamos a expresión e creatividade

Recetas variadas e concursos MasterCheff .Experimentos de ciencia sobre fenómenos científicos e físicos. Recetas Variadas dulces y saladas.

Horario Rutinas de cómo se van desenvolver estas actividades: